POIS VOLVO A ENVIALA, A VER SE DESTA CHEGA ... olá:
ben, xa leríades a mensaxe de presentación de Jesus, se non é así lédea. esta vai para as consideracións sobre as listas de correo presentes e futuras. comezamos ... -> LISTAS FUTURAS <- creo que a necesidade máis primaria e quizais o que promoveu este proxecto é obviamente unha lista de correo unificada entre tod@s @s participantes. pero vou a plantexar isto doutra maneira a ver que vos parece. vai dividido polas partes en que aparece nas páxinas de proba (estarán axiña preparadas). e os nomes que lles dea ás listas son puramente identificativos. ________________________________________________________________________ PRINCIPAL: esa lista sería a principal e quizais a única, de propósito xeral, de libre acceso, ... sería <legal>. tamén sería "subsidiaria", é dicir, temporal mentres non se crea outra que faga falla. ademais é a columna vertebral do proxecto ... agora paso a analizar pormenorizadamente. obviamente non se vai chegar a tales extremos, pero xa que estamos ... o caso é que quizais conveñan algunhas delas por diversos motivos. isto será mellor ilo facendo segundo vexamos, é dicir, comezar coa xeral e poucas máis se así o decidimos e ir dividindo se vemos que tal. PROXECTO: <legal-proxecto> esta sería a derivación natural desta mesma, para discutir cousas sobre o propio proxecto, como "furna para votacións", ... só estarían os coordinadores das seccións ou algo así, non a xente que queira traducir e namais. non ten sentido que estea toda a xente porque entón xa se utilizaría a xeral. eu creo que esta sería bo tela alomenos ao comezo, ou tela aberta permanentemente aínda que non se use decote, por se cómpre en momentos determinados(se se cumpre a premisa de que non estea interesada a maioría da xente). <legal-axuda> para contrucción do de axuda e meta-FAQs. a non ser que documentemos máis a axuda que o resto das cousas non sería moi normal xDDDD. SOFT: <legal-GNU/GNOME/KDE/OUTROS/[todo-o-soft]/...> se estamos 40 na lista e só a metade de soft, poñamos por caso, non está ben "spammear" co dos pots e esas cousas. como digo, podería haber unha para cada apartado de soft(especialmente GNU e GNOME e se é viable KDE, OUTROS non creo que sexa necesario) ou unha para todo o de soft(polo momento creo que é o mellor). DOC: aquí a cousa complícase, ao ser moito máis diverso. por unha banda temos documentación do LDP e non-LDP, logo HOWTOs/FAQs/Guias/pax info/pax man/... tal e como temos agora en gzlinux, eu creo que non fai falla unha lista específica, pero igual si que convén facela para avisar das actualizacións dos ducumentos(actualmente non facemos iso), ou cousas moi específicas, ... outro caso é o de guias que se traducen entre 5+ persoas, no que quizais si que conveña poder facelas mentres dure a traducción. OUTROS: só serían posiblemente-necesarias se se pon en marcha algo deso. ________________________________________________________________________ como digo, isto maiormente dependerá da evolución das seccións. pero se acabamos por ter máis dunha lista, convén ter un sitema rápido de creación e suscripción ás listas. o sistema de suscripción é moi doado: primeiramente decidir se se teñen en "listas de correo"(ver as páxinas de proba), en cada sección particular ou nos dous sitios. inclínome polo dos dous sitios, para que así no caso de suscribirse a varias á vez facer o seguinte: entrar en "listas de correo", poñer o(s) enderezo(s) desexados nun cadro, seleccionar con botóns de selección ou algo así e logo pulsar outro para activar a acción. outro caso é o de crealas, isto depende de se hai xente do grupo con acceso privilexiado a algún sistema con xeito. creo que sería bo poder crear e manexar as listas con facilidade. -> LISTAS ACTUAIS <- outro tema é o das listas que hai actualmente, gpul-traduccion e gzlinux. en todo caso, hai que mantelas un certo tempo por "criterios de compatibilidade". refírome á xente que non sabe ao principio que a lista xa non se usa, e aos enderezos que quedan por aí perdidos en buscadores, nos enlaces dos "proxectos amigos" etc. isto tamén sería aplicable para as páxinas, pero non vai ese tema nesta mensaxe. ademáis disto, creo que os dous grupos deberían decidir por si mesmos se esas listas se manteñen, por diversos motivos: porque o grupo fai outras actividades como por exemplo ir de peregrinaxe a compostela, para criticar aos do outro grupo, para "marujear" sobre os amores segredos de Tux, ... isto non afecta en nada ao legal, na lista anterior de cada grupo só se tratarían temas que non tivesen que ver coa traducción, así que se se quere aproveitar para outras cousas ademais do da "compatibilidade" ... supoño que a neste apartado das listas actuais estaremos todos dacordo non? ben, levántase a veda, comezade a criticar as miñas opinións ... xDDDDD aburinho!! ________________________________________________________________________ Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) <cre...@futura.interbook.net> GzLiNuX- Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org] GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es] Debian GNU/Linux- The Universal Operating System [http://www.debian.org] k0me & C what GNU can do 4 U!! [http://www.gnu.org]