Eu sigo a ofertar o servidor alugado que temos en Galego21, temos servidor
Web, servidor Ftp e podemos dar de alta enderezos de correo electrónico, e
por suposto acceso privilexiado ao ftp e mais ao web.
    O dominio poderia ser como se apuntou www.galego21.org/linux
    No caso de que prefirades dar de alta un dominio, tampouco penso que
sería problema aloxalo no servidor.

    As ventaxas, que teríamos serían a de aunar esforzos e no caso de custos
de servidor, etc... poderían repartirse entre mais xente (entre Galego21 e
LeGal).

    O tema do PHP, vouno preguntar... non o teño seguro, pero sería
estupendo tamén para galego21.

    O das listas de correos.... Ramon controla deso, pero apunto que hai un
servidor de listas que penso que funciona moi ben, pola experiencia que
estou a ter, xa que estou participando nunha lista creada por Ramon Flores e
eu creei outra, e polo de agora vai bastante ben.


    Por certo.... se queredes vos envio os estatutos de Galego21 para que
lles botedes unha ollada, por se creedes interesante entrar a saco en
Galego21.


........................ buffff parezo un comercial vendendo un producto
:))))), ......... pero como vexades vos.


    O tema do Mozilla, Jesus...... estou vendo aínda o último Milestone (o
14 creo), e aínda ten algúns erros, pero estoume poñendo ao dia de como
atacar a traducción. Contamos cunha ventaxa moi grande, os de SoftCatalá
fixeron unha ferramenta para aproveitar traduccións anteriores, incluso das
versións 4.x do Communicator, co que estou con eso agora mesmo, ou sexa
tentar aproveitar as traduccións que fixemos para o Xis, en canto o teña
claro, poñemonos máns á obra, aínda que habería que crear outra lista de
traballo conxunto entre Galego21 eo LeGal :)))))))))), era unha broma, temos
que ver como coordinar o tema.

Responderlle a