"Manuel A. Fernandez Montecelo" wrote:

> pois ben, un dos temas da conversación con nenhum foi que el prantexou
> que, con ese panorama, el e máis eu fixéramos un slashdot galego (estilo
> pontobr.org, gildot.org, ¿barrapunto.org?). ao final acordamos que o
> primeiro paso podería ser manter algo semellante pero relacionado co
> legal, a ver se lle interesaba á xente e esas cousas, e que despois xa
> se vería. sería como unha sección máis ou algo así.
>
> era tarde e deixamos así a cousa no aire, sen especificar moito como ía
> ser nin nada diso ... así que tampouco vos podo dar máis detalles.
> e supoño que tod@s tedes claro máis ou menos como sería así que non fará
> falla tampouco ;))
>
> que opinades?
>
> aburinho!!

    A idea é caralluda, sobre todo se os contidos son bastante abertos,
quero dicir unha cousa como Barrapunto.com, no que practicamente se fala de
calquera cousa pero sempre dentro dese ambiente libre. Un exemplo é que por
exemplo hai pouco en barrapunto falouse da ultima producción dos estudios
de animación Aarmand Animation (os de Wallace & Grommit), Chicken Run. Non
ten nada que ver con linux, nin sequera con informatica pero son temas que
a cotío gustan a tódolos afeccionados á informatica (eu polo menos son un
fanático da animación e coñezo a máis). Sendo asi eu creo que ata poderia
ter bastantes visitas.
    De calquera xeito é mellor levar as cousas en orde e crear unha paxina
xenerica e despois irlle engadindo esas cousas. Por certo, para ese tipo de
páxinas si que fai falla un servidor bastante completiño ¿non?, Perl ou PhP
e bases de datos,...

Saudos.


  • portais Manuel A. Fernandez Montecelo
    • Re: portais Francisco Xosé Vázquez Grandal

Responderlle a