Alejandro Pose Rey wrote:
>
> On Mon, 26 Jun 2000, Manuel A. Fernandez Montecelo wrote:
>
> Iso non me estraña tanto como debería. Se vos parades a ler un pouco as
> revistas informáticas, sexa exclusivamente de Linux ou só teñan unha
> sección, TODAS poñen ó rpm como se fose a oitava marabilla (oitava ou
> novena? o que sexa!) vamos, cousas teño lidas como: " Este maravilloso
> programa saca a pasear al perro mientras le da de comer al abuelo y cambia
> el pañal de tu hermano mientras juegas al quake3 en 20000x20000 con una
> tarjeta de 2mb y grabas un cd on-de-flai sin grabadora. Tán solo tienes
> que bajarte el rpm e instalarlo. Así de fácil :-)" e que conste que o
> smile o teño visto!! Son todos uns perdedores...
8DDDDDD
> En canto a calidade final da revista, era de supoñer se vemos a historia
> que non fose unha marabilla. Vexamos:
>
> LXFORMAT nace da morte de AMIGA FORMAT unha fántastica revista, creo que
> unha das mellores revistas que vin. Os editores viron máis futuro no mundo
> GNU/LINUX que no AMIGA e decidiron matar esta última (merdentos). Como é
> de supoñer, buscarían facer algo distinto e tal con xente que saiba do
> tema que tiveron que contratar case o día antes. Polo tanto a revista saiu
> un pouco merdeira de máis aínda que penso que para os que non teñen nin
> idea de que é 'iso de Linux' non está mal. De todolos xeitos a revista
> orixinal é LINUX ANSWERS e non sei como será a orixinal pero a traducción
> da pena.
si, é que dá a sensación de que _todos_ os que escriben acaban de
instalar a última distro de Corel a semana pasada :///
> P.D.: O artigo do GIMP non está mal despois de todo ... XDDDD
non sei, aínda non o lin. o que me sorprendeu gratamente foi o de
"Rebeldes con causa", no que falan da historia e filosofía do
soft-libre/open-source, centrándose en RMS, Linus e Eric Raymond ...
pero máis que nada pola idea porque tamén ten algunha tontería ("Linus
Torvalds, R. M. Stallman y Eric Raymond, los creadores de Linux").
aínda así, son 6 páxinas dunha revista, e contando con que trae no CD a
RH6.0 ...
> Saudos
>
> Alex
aburinho!!
________________________________________________________________________
Manuel A. Fernández Montecelo <[email protected]>
--
Para sair desta lista, manda un mail a [email protected]
poñendo "unsubscribe" na mesaxe