Está dispoñible na web do Proxecto Trasno a traducción ao galego do Mozilla
0.9.8, que acaba de saír :-)

 Tamén segue alí a traducción da versión 0.9.7, para aqueles que non
queiran/poidan instalar 0.9.8 :-)

 Mirade en http://www.trasno.net/aplicacions/ e se vos gosta, mandádeme unha
mensaxe, que estou baixo de moral :D

 O ficheiro de traducción é multiplataforma: podédelo empregar en Linux,
Windows, Mac e tódalas plataformas soportadas por Mozilla; podedes
descargalo ou instalalo directamente dende a web cun só clic do rato; para
iso tedes que facelo cun Mozilla executado polo usuario que o instalou; en
Linux adoita se-lo root.

 Proceso de instalación: ide á páxina, buscade a táboa coas versións do
Mozilla, e premede na palabra "Clic" que haxa na columna "Instalación" na
fila da versión de Mozilla que tedes instalado. O sistema avísavos de que eu
podo ser malvado e fastidiarvo-lo sistema; dicídelle que eu son boíño O:-)).
O ficheiro descárgase e despois instálase automaticamente.

 Arrincade Mozilla co usuario que empreguedes habitualmente, ide a
View->Languages and Web Content e seleccionade Galego. O programa divos (en
galego) que reiniciedes Mozilla. Pechade tódolos Mozillas que teñades
abertos, e volvede a abrilos (abonda con un só). Tachán, tachán, a cousa
debía funcionar, e se non, avisádeme. E se funciona, avisádeme tamén, por
iso da moral :D

-- 
 Jacobo Tarrío | Grupo de Programadores y Usuarios de Linux | http://gpul.org
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a