Bon dia: Eu, como supoño que moitos de vos non uso MS-Word, nen o boto en falta. O problema é que ha moita xente que non contempla a posibilidade de eu non empregar o maldito procesador de textos, e envia-me documentos nese formato sen me consultar primeiramente. Entre outras cousas porque estou subscrito a várias listas de correo, onde a xente envia alegremente este tipo de documentos, ou enviaba. Por iso escrebin un pequeno documento para esclarecer a miña postura sobre o tema. Documento que se pode consultar en:
http://members.tripod.com.br/ramonflores/word/index.html Por agora está en galego(mínimos) e en portugués(pt_PT), mais algun dia destes traducirei-no ao castelán. Envio esta mensaxe con unha finalidade dupla: 1) Escoitar, mais ben ler, os vosos pareceres e suxeréncias sobre o mesmo. 2) Promover unha campaña educativa contra o envio indiscriminado de ficheiros MS-Word. Ou sexa animar-vos a enviar o dito documento, ou algo similar, cando recebades un anexo con MS-Word non solicitado. Un saudo Ramón -- Para sair desta lista, manda un mail a [email protected] poñendo "unsubscribe" na mensaxe

