Seguindo a petición de Carlos Neira, a seguir deixo unha mensaxe súa respostando a Xabi. G. Feal. Pola miña banda, non sei se respostarei pero de facelo prefiro deixar un pouco máis de tempo para que todas estas 'afirmacións' caian polo seu propio peso.
A mensaxe é esta: ------------------------------------ Ola Permitídeme presentarme. Sou Carlos Neira Cortizas, ex-concelleiro de facenda en Fene e principal impulsor tanto das Xornadas de software libre en Fene como do Proxecto Estaleiro para a tradución de software libre ao galego. Escribo en relación cunha mensaxe que foi enviada á lista de trasno con data de hoxe (28 de setembro) na que se mencionan cuestións relativas ao concello de Fene que son incorrectas e que creo que cumpre aclarar, tanto no ámbito privado como no da lista en que foron vertidas. O propio autor, Xabier García Feal, admite correccións, e é por iso que fago chegar a través de terceiros as seguintes aclaracións: - A primeira cuestión refírese a confirmar que en todo momento a persoa á que encomendamos a xestión e organización das xornadas de Fene, Roberto Brenlla en nome de Agnix, en todo momento nos mantivo ao tanto das xestións que realizou. El deuse de alta en Trasno por indicación miña e de Daniel Romero, funcionario en Fene, para ver de obter colaboración nunha ponencia para as Xornadas e de paso comprobar se había "vida" e "masa crítica" en trasno, de cara a conformar nun futuro o Proxecto Estaleiro baixo unha filosofía aperturista e de colaboración de todos os que estades a traballar no eido do software libre en galego. A resposta foi negativa. En contra do que se di na mensaxe, debo aclarar que as xornadas sempre tiveron garantida a financiación (Concello + Deputación) pero non así o Proxecto Estaleiro, por iso dubido de que se ofrecera financiación segura para traducir nada. De feito o Proxecto Estaleiro nunca chegou a arrancar até hoxe por falta de financiamento (o Concello de Fene non pode por si só custealo). - A segunda refírese ás xestións perante a D.X. de Normalización Lingüística realizadas por Roberto Brenlla. Podo confirmar que se realizaron a través dunha persoa que coñezo, e que en todo momento só tiveron como obxectivo promover o devandito corrector ortográfico para o OpenOffice, de xeito que a Administración financiara a súa elaboración dunha vez. Froito das xestións destas dúas persoas a cuestión do software libre en galego figura no novo Plan de Normalización, e se descubriu que xa había presentadas na Xunta con anterioridade máis propostas de natureza empresarial para facer a tradución do OpenOffice. Dito isto, paréceme que toda discusión acerca de uns ou de outros se reduce aos típicos enfrontamentos que propician as subvencións e os concursos públicos entre os interesados. Pola miña parte só podo lamentar este tipo de dinámicas, así como que haxa sempre alguén que tira do carro (do software libre) en distintas direccións, cando o que cómpre é coordinación e colaboración e non desconfianzas e inciaivas illadas e perecedeiras (precisamente isto era o que pretendía evitar o Proxecto Estaleiro). - A terceira refírese ao meu defunto amigo Francisco Allegue. O Proxecto Estaleiro non ficou paralizado pola súa inesperada e repentina morte, senón como dixen pola falta de financiación (malia as xestións que se fixeron na Deputación, coa empresa R e outras entidades). Na prensa o Proxecto Estaleiro apareceu vinculado a Pancho porque decidimos no goberno municipal vinculalo á área de emprego e promoción económica, dado o seu pretendido carácter de xerador de postos de traballo e o desexo de que algún día tivera instalacións propias no Polígono de Vilar do Colo. En calquera caso, como dixen, o impulsor do proxecto non foi el, senón eu, dito sexa sen ánimo de protagonismo (tampouco estou inventado nada). Pola contra, debo confirmar que as Xornadas si se van celebrar (aínda que se atrasan a decembro por problemas de datas de ponentes e asistentes) e hai posts en diferentes foros da comunidade de usuarios/as de linux para achegar ponencias libremente. - A cuarta ten que ver co concurso público. Sei que dito concurso é o resultado dun convenio herdado pola actual Xunta e que deixou asinado no seu dia o PP con dotación de diñeiro pero sen dotalo sequera de contido. Creo que con bon criterio o CESGA optou por dedicar parte dos fondos á necesaria tarefa de traducir o OpenOffice. Non entro a xulgar as condicións do concurso, aínda que si podo dicir algo sobre a filosofía. Eu creo que sería estúpido por parte de todos/as desbotar o traballo feito por todas as persoas que no seu día contribuíron en algo ao que está feito. Non sei se desta forma (concurso público) hai maneira de aproveitar iso, pero parece difícil. Só podo dicir precisamente que o Proxecto Estaleiro o que pretendía era combinar o traballo novo e profesional de informáticos e filólogos coas achegas da comunidade de usuarios, sen desbotar a ninguén. En calquera caso se hai traballo feito no software libre e é paroveitable eu tamén espero que non sexa para darlle beneficios extraordinarios a ninguén, senón para que toda a comunidade se beneficie diso e para que se recoñezan os méritos de todos/as cantos/as achegaron algo. É todo canto quería deixar claro. Sobre o que non falo non teño datos de primeira man e non podo dicir nada en concreto. Pero respecto a Roberto Brenlla teño que dicir que foi gracias ao seu traballo que comecei a crer que en Galicia se podían chegar a facer cousas serias e perdurábeis no ámbito do software libre, e sen ser un super-homem seguro que é das persoas que está a tirar deste mundo para adiante. Un saúdo a todo o mundo e disculpade que non poida responder réplicas por non estar na lista. -- Carlos Neira Cortizas http://www.cidadania.coop 2005/9/28, Xabi G. Feal <xab...@gmx.net>: > Quería facer pública unha información relativa a Trasno e as > propostas de > tradución que se veñen facendo nos últimos meses, tanto a Trasno coma a > empresas coma o concurso do que falabamos noutros correos: > > 1)Tras facer un par de consultas na rede, descubrín que Roberto > Brenlla > (proxecto agnix.org) e Jesús Arribi Vilela (proxecto agnix.org) foron > partícipes de varias xornadas en prol do sw libre en Fene e en Santiago de > Compostela, sendo probablemente os impulsores de ditas xornadas, como deu a > entender un deles nalgunhas mensaxes. Ademais, a súa pertenza á asociación > agnix denota que existe algún tipo de relación entre eles. O máis importante > é que Jesús Arribi pertence ao persoal do CESGA no grupo Centro de > Competencias en Comercio Electrónico de Galicia, no que traballa coma > analista (ver http://www.cesga.es/ga/Cesga/Persoal.html) > > 2)Roberto Brenlla fixo unha proposta a Trasno en xaneiro deste mesmo > ano, o > mesmo día no que se inscribía na lista de correo e se presentaba, > na que ofertaba as axudas económicas dun concello, do que non se nos revelou o > nome ata máis tarde, para acometer os traballos de tradución que se estiveron > levando sempre en Trasno. En ningún momento se nos puxo en contacto directo > co concello e sempre se falou do tema con Roberto de intermediario (se é que > se lle comunicou ao concello algo das nosas conversas). Posteriormente, > Roberto se dirixía a min en privado e solicitaba máxima discreción, para > informarme de que tamén tiña contactos con persoal do Plan De Normalización > Lingüística da Xunta. Algún funcionario/cargo/persoa deste grupo estaba tamén > moi interesada no tema de subvencionar estas actividades de tradución do sw > libre, en concreto pretendían elaborar un diccionario de galego normativo > para o Aspell (OpenOffice). Roberto Brenlla solicitoume a min a elaboración > dun preproxecto e cito palabras textuais: > > ""Di que, se podes, prepares un moi breve > borrador coa 'estratéxia técnica' para levar a bo termo este > obxectivo. Penso en cuantificar á xente necesaria para facilitar o > código a ser introducido, a formación técnica ós filólogos, a > reincorporación do traducido na aplicación OOffice ... en fin, todo o > que consideres oportuno. > > Tralo envío do borrador, esta persoa o amosará á Comisión. Se non é xa > nesa primeira entrevista, na seguinte di que estaría ben que foras ou > fósemos con el para xa concretar todo o plan de actuación. O resultado > mínimo a esperar sería ter o devandito "corrector ortográfico galego" > co visto e prace da Mesa para a Normalización, o da Xunta, o de todos, > vamos. (?)"" > > Noutras conversas tamén: > > ""[...]Para rematar, grazas pola túa resposta e interese. Escribínte > persoalmente porque eles o plantexan con privacidade, a piden alomenos > ó comezo. Confío en que trala xuntanza esa todo isto saia á luz para > un debate e concurso públicos. > > Saúde"" > > Cando lin o de privacidade e logo o de concurso públicos sentín que me estaban > tomando o pelo, pois nós en Trasno coma "pseudoasociación" non poderiamos > optar a ser beneficiarios de ningunha subvención nin moito menos optar a un > concurso público coma empresa. Así que a solicitude que se me fixo de que > elaborase un borrador para o proxecto para que logo saíra a concurso público, > sooume a burla. Quero dicir que posiblemente sexa Roberto Brenlla o que, > facendo sempre de intermediario e recén chegado á lista de correo, o que > fixera uso do borrador como de seu o llo fornecese a calquera interesado en > optar á subvención. > > Dende Trasno Ramón Flores fixo saber a inviabilidade do proxecto por > cuestións técnicas que todos comprendimos e isto, sumado á miña desconfianza > natural de galego e ao meu descoñecemento no tema dos dicionarios, fixo que > me desentendera do asunto. > > 3) Ambas propostas de colaboración/subvención quedaron en papel mollado co > paso do tempo, ata tal punto que nunca máis se volveu a falar do tema. Polo > asunto de Fene, algunha nova na Voz de Galicia sobre o proxecto (que por > certo non tiña moito que ver coa proposta principal que nos amosou Brenlla), > pero sabendo que o coimpulsor do tema era o concellal Pancho (Francisco > Allegue), recentemente falecido, pois supoño que a cousa tiña para tempo. > > 4) Fai uns días que saíu á luz o concurso "público (?)" para optar á > localización do OpenOffice. Dada a cuantía ofertada (140.000 €), o pouco > prazo para a presentación de solicitudes, a procedencia da oferta, o estrano > do método e, o que é máis chocante, o traballo a acometer (lembro que xa está > parcialmente traducido, bastante segundo denotaban os screenshoots da páxina > do proxecto Ceibe, anque posíbelmente desfasado en canto ás versións do OO), > sentín cursiosidade por saber se había xente implicada no asunto que eu > coñecese. Ben, pois tralo posto no ponto 1), que, anque simples > amizades-relacións non queren dicir nada, ben o sei, pero que no conxunto dos > acontecementos deixan de ser casuais a parecer relacionados, entendo que > existe algún tipo de amaño para favorecer a determinada empresa (empresa en > tódolos sentidos da palabra). Deixo a cada un a interpretación que queira > facer do caso, pero creo que está máis ou menos claro. > > 5)Quero informar á xente de Trasno do preocupante do asunto, en canto a que > pode que se estea a empregar ou se vaia a empregar (como xa se quería > empregar nas tentativas do corrector ortográfico) o traballo que fixemos e > facemos de xeito altruista a cotío, para beneficio persoal de determinadas > persoas. > > Estou aberto a correccións, e supoño que isto dará que falar, se é que hai > alguén a lelo. > > _______________________________________________ > Trasno mailing list > tra...@ceu.fi.udc.es > http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno > -- Roberto Brenlla www.agnix.org
_______________________________________________ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno