Onte navegando por aí atopo unha nova en GaliciaConfidencial.com sobre o
asunto do OpenOffice (lémbrese que está aínda sen traducir, amén doutras
barbaridades das que me fun enteirando con posterioridade ).

http://www.galiciaconfidencial.com/archives/2005/11/cesga.html
http://www.galiciaconfidencial.com/archives/2005/11/cesga.html#comments


Non iría a moito, pero para o meu abraio lendo os comentarios da nova vexo
dous postos co meu nome (Xabi G.F.) e tentando reproducir o meu correo pero
errando, xa que puxeron xab...@gmk.net e xab...@gmail.com, no canto de
gmx.net. 
O personaxe en cuestión, facendo gala dun humor proverbial e emitindo a
mensaxe coma se fose eu, di que nos presentamos ao concurso e fixemos gala
dun total descoñecemento dos méritos da empresa que finalmente resultou
adxudicada, ata tal punto de que na mensaxe calificámonos a nós mesmos de
"iñorantes".(!)

Só dicir que ninguén vaia pensar (se é que alguén leu iso con anterioridade)
que Trasno ou eu ou a miña avoa nos presentamos a algo así. En fin, sinto as
molestias, pero é o que ten esta xente, que como non saben enfrontarse coma
o que son, acaban por suplantar a identidade do outro para facer
falcatruadas no seu nome.




-- 
GMX Produkte empfehlen und ganz einfach Geld verdienen!
Satte Provisionen für GMX Partner: http://www.gmx.net/de/go/partner
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a