Estiven a ler por aí que cando traduciron o Windows Xp e o Office 2003, 
verdadeiras moles (nun principio), tratábase de 600.000 palabras 
aproximadamente.
Aínda por riba, contaron coa axuda da Academia da Lingua para as revisións.

Para facerse unha idea, KDE (póla en desenvolvemento) anda polas 1.200.000,
que son dúas veces Windows XP + Office 2003 e me imaxino, facendo cálculo 
aproximado, 4 veces OpenOffice. Logo, se en KDE temos un 38% do traballo 
feito e ,contando as fuzzy, que son o 11 % (e son mensaxes que, sendo 
traducidas, quedaron desfasadas) temos un 49 % (~50%) . Logo en KDE temos 
feito xa dúas veces o traballo que fixeron con Openoffice, ou mellor dito, o 
que aínda lles queda por facer. 

Eso si, sen revisións e sen todas as tarefas paralelas que as empresas se 
encargan de engadir coa etiqueta de "necesarias"para inflar os presupostos.


> Agora porque estou enfangado com outros temas privados e nom atopo tempo
> mais que para Kmymoney e Rkward, pero case que podo assegurar que cos
> guions perl de Berto & co. poderia fazer tal trabalho no tempo que levam de
> atrasso e sem passar-me das minhas 8 × 5 horas de trabalho semanal.
> A!, e em galego normativo ;-)
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a