Ola,
o problema é que non deixa sobrescribir dende a interface web. Xa o
intentei cunha captura de pantalla onte. Primeiro subin unha cun nome,
poñanos xxx.png e unha vez que estaba arriba intentei subir outra
captura yyy.png usando o nome xxx.png e protestou. Se lle imos
cambiando o nome imos encher o servidor de ficheiros antigos que xa
non se usan no wiki.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

On 8/3/06, Xabi G. Feal <xab...@gmx.net> wrote:
Pois como se fose un disco duro, ou lle mudas o nome ou borras (sobrescribes)
o ficheiro antigo.

> Ola,
> onte mentres subía unhas capturas de pantalla deume por intentar subir
> unha captura co mesmo nome doutra que xa existía. Non me deixou.
>
> Isto faime preguntarme, e preguntarvos, como facemos se queremos subir
> unha versión máis actualizada das capturas de pantalla, ou de
> documentación que xa estea subida nun tar.gz, por exemplo.
>
> Ata logo,
>                 Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a