> > Nota: isto, se para entón o "essential" acada unha % de abondo. > Evidentemente. O essential son 4 ficheiros e con 3 ben chega. Na 3.5 colou, e na 4 vai pasar o mesmo. Ademáis, de aquí a ata ese día pódese completar o essential de sobras (kdelibs.po é o derradeiro).
> > Ben, o da cualificación do traballo é distinto. > > Nota: suores frios escorregan polo meu crisma....... > > > Compre facer unha revisión > > do mesmo, o que pasa en primeiro lugar por unha revisión ortográfica. > > Ben, proposta: Berto, Gamallo, et al., podedes facer un transliterador da > norma de mínimos para a norma RALG-ILG de 2003 ? > > > Evidentemente non vou facer o que fixestes estes días con Firefox porque > > o KDE é inabarcábel. Son preto de 135.000 mensaxes que, se ben xa é > > difícil traducir, dobre traballo se se ten que facer a man a revisión. > > Pois non hai mais collóns. Se Berto e Pablo se animan, o que tería(s) que > facer é usar as ferramentas que outras equipas fixeron para comprobar que a > mesma palabra foi traducida igual / para palabras admisíbeis, e logo que a > mesma mensaxe fose traducida sempre igual (salvando o marcador de atallo de > teclado). > Pasado iso, pouco erro grave queda. ¿Optimista ou iluso? Hai que comprobar que a tradución é correcta. A porcentaxe de mensaxes que se repiten pode que sexa menor ao 5 % do total. O 95 % restante hai que revisalo a man. Ortograficamente cun corrector, estilisticamente a man (se non se repite a mensaxe noutro lugar) e no que se refire á literalidade da tradución tamén a man (ollo, adoitariamos saber quen mete a pata máis a miúdo ou que ficheiros teñen máis dificultade de tradución). Nota: o de revisar a literalidade da tradución pode que sobre. ;) > > > Tampouco é > > de recibo andar a compilar as alpha, beta, RC1, RC2 ,RC3 na busca do > > erro en calquera menú de calquera programa do ambiente de escritorio. > > E quen pense o contrário, que mo demonstre. > > > Por iso suxería entrar no debate da necesidade urxente dun corrector > > ortográfico decente para se poder usar xunto co KBabel ou semellante. O > > corrector/dicionario feito polos de Imaxin é para Hunspell, e Hunspell > > non está aínda implementado para a meirande parte dos programas de Linux > > con corrección ortográfica integrada.Por outra banda, no suposto de que > > Hunspell se implemente a curto prazo no KDE, habería que agardar ata a > > versión 4.0.1 do mesmo para poder usar a implementación ou compilar a > > man, > > Non, o ciclo de desenvolvimento da galla 3.5 voltou a ser aberto porque o > número de commits que se recebian nas aplicacións era altísimo (uns 580+ na > anterior semana). Por tanto, podemos falar con quen sexa para que adapten o > traballo feito, se o hai, na extensión para Hunspell de KSpell2. > A data límite é o 18 de setembro de 2006 ás 00:00 UTC. Esquéceo. O KSpell2 xa non existe. Agora chámase Sonnet e vai uns días que comezaron dende cero a o desenvolver. De feito, polo de agora só teñen implementado a extensión (fan as implementacións agora con plugins) de aspell, enchant e hspell. Véxase: http://websvn.kde.org/trunk/KDE/kdelibs/sonnet/plugins/ _______________________________________________ Trasno mailing list [email protected] http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

