Ola,
estou de acordo co que dis, pero vexo que sería mellor que a Xunta
tivera máis tino a próxima vez que faga un encargo deste tipo (ou que
non foi a Xunta quen lle encargou a Imaxin o corrector?). Imaxin
deixou, polo que lin, o traballo a medio facer. Así non vale para
moito. Pero agora ti comentas que non o podemos usar porque ainda non
se realizou unha implementación do corrector, logo o traballo de
Imaxin non vale absolutamente para nada.

Agardo que corrixan isto o máis rápidamente posible.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

On 8/10/06, Xabi G. Feal <xab...@gmx.net> wrote:
Boas,

estes días que se andan a superar marcas coa tradución de KDE surxe,
inveitabelmente, a cuestión da revisión. Na actualidade a póla en
desenvolvemento está no 75% (posto 19 do ranking, por certo, superamos xa aos
cataláns!) e, consecuentemente, para as vindeiras versións 4.x de KDE vaise
incluir o galego xa decentemente implementado, referíndose claro á
cuantificación.

Ben, o da cualificación do traballo é distinto. Compre facer unha revisión do
mesmo, o que pasa en primeiro lugar por unha revisión ortográfica.
Evidentemente non vou facer o que fixestes estes días con Firefox porque o
KDE é inabarcábel. Son preto de 135.000 mensaxes que, se ben xa é difícil
traducir, dobre traballo se se ten que facer a man a revisión. Tampouco é de
recibo andar a compilar as alpha, beta, RC1, RC2 ,RC3  na busca do erro en
calquera menú de calquera programa do ambiente de escritorio.

Por iso suxería entrar no debate da necesidade urxente dun corrector
ortográfico decente para se poder usar xunto co KBabel ou semellante. O
corrector/dicionario feito polos de Imaxin é para Hunspell, e Hunspell non
está aínda implementado para a meirande parte dos programas de Linux con
corrección ortográfica integrada. Por outra banda, no suposto de que Hunspell
se implemente a curto prazo no KDE, habería que agardar ata a versión 4.0.1
do mesmo para poder usar a implementación ou compilar a man, se se pode, a
parte correspondente do código fonte aínda en fase de desenvolvemento.
Hai xa unha asignación de febreiro deste ano para que se implemente en KSpell

http://bugs.kde.org/show_bug.cgi?id=121228


E sobre o diccionario de Imaxin, é pouco máis que tecnoloxía inútil, xa que
segue co problema dos enclíticos (equivócome?). Logo, non estaría mal suxerir
ao Proxecto Mancomun, para o periodo postvacacional, a que se urxa á
elaboración dun dicionario/corrector completo para galego. Resumo:

1) Mellorar o actual dicionario/corrector para Hunspell
2) Tentar que se implemente en KSpell2 (agora chamado Sonnet) o Hunspell
(pódese falar con Zack Rusin para preguntar por previsións?)


Ou, doutro xeito, publicar, como se fixo ata o de agora, traducións con
dislates de antoloxía.



_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a