Con respecto aos nomes eu penso que sendo coherente habería, sempre que
se poida usar o nome orixinal na lingua propia do sitio.
Eu penso que estes non se traducen só se adaptan á gráfica. Xa que non é
viable traducir o significado de todos pero sí adaptalos a nosa escrita.
Como digo é unha opinion persoal.
Deuche Land
France
England
Ourense
Girona
New York
Como se observa todas se poden se pode escribir en galego.
A min non me parece correcto Orense nin La Coruña polo que sendo
coherente teño que facer o mesmo co resto dos nomes.
Está claro que outros idiomas que teñen caracteres non latinos non se
pode, neses casos trataría de usar a palabra que mais se adapte
foneticamente ao nome que eles pronuncian.
a vantaxe disto é que se saes de galicia algún día sabes como se chaman
os sitios e non tes que aprender dous nomes.
Eu penso que os nomes propios non se traducen, se un se chama Jordi é
Jordi e non Xurxo.
Saudos a todos
Leandro Regueiro escribió:
On 8/22/06, mvillarino <[email protected]> wrote:
O Martes, 22 de Agosto de 2006 17:47, vostede escribiu:
> 135000 cadeas, quererás dicir, e iso que ti eres o que aparece coma
> tradutor de case todo KDE ;-)
para non esgotar os azos axiña de mais, miro pouco as estatísticas ;-)
> Falando dos nomes das cidades, como facemos? Eu tiña unha lista de
> cidades e paises que me pasou Jesús Bravo e corrixina un pouco usando
> o meu diccionario, básicamente poñendo coma confusas algunhas
> traducións, pero deste xeito non facemos nada.
>
> Haberiase que poñer para facer unha lista e ben completa, para despois
> non ter que andala corrixindo cada dous por tres. Os nomes de paises,
> cidades, rexións, moedas e linguas son cousas que se usan en moitos
> sitios diferentes. No proxecto de tradución hai uns catálogos que
> comezan por iso que conteñen todo isto do que estou falando...
Se te fas cargo ti, podes procurar:
-nomes de divisas (iso-4217): en kmymoney tes un dos listados mais
completos
que poderás achar pola rede, todos os códigos iso8662. Precisa
revisión, iso
de ser o único usuário galego do programa é-che o que ten.
-nomes de paises(iso-3166)/cidades. Isto a min soa-me de te-lo visto
en kstars
ou en kgeography, non lembro vem, pero penso que foi en kstars (dado
que é
informazón precisa para posicionar correctamente o telescópio).
-nomes de línguas (iso-639): soa-me tamén que pola seczón kdelibs
debe haber
algo. mira en desktop_l10n.po desktop_kdebase.po desktop_kdelibs.po,
que debe
andar por aí.
(Cando digo isto non me refiro ás normas, senón a unha vários
o-que-sexa)
Deixaremolo para mais adiante. O certo é que eu non teño xeito de
comprobar moito. Habia alguén na lista que tiña un diccionario ou
enciclopedia que traia todo isto, pero non sei quen era...
Ata logo,
Leandro Regueiro
------------------------------------------------------------------------
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno