On 8/29/06, Miguel Branco <bandu...@gmail.com> wrote:
Esto do Spam é demais, rushh!.

En canto á coordinación oficial de Mozilla:
1. estou en espera de recibir o "acuse de recibo" do formulacio de
acceso ó CVS ( e contade dende o 18-08!)
2. e de conseguir un voucher (persoa con experiecia acreditada en
Mozilla que vixie o traballo que se faga e a maneira de acceso ó codigo)
Sei que estaba advertido de que estas cousas eran así e así de lentas).

Por outro lado, estou a ter problemas persoais de certa importancia e
actualmente non dispoño de tempo. Espero que poida poñerme es serio con
isto pronto. Dicir ademais que é posible facer xa a tradución de
produtos Mozilla bardante do Firefox pois pódese acceder ó código sen
restricións. Cabe destacar aquí o  Thunder mais sería de agradecer que
se alguén dos que tivo acceso a G21 e conserva a tradución das últimas
versión o diga (special mention, Abalde) para que así se faga unha
actualización e non unha nova tradución.

Abur!

Comentara Jacobo que posiblemente se puxera con thunderbird, e unha
vez comentou que estaba intentando aproveitar a tradución de Firefox
para non comezar dende cero. Pero se ainda non podemos actuar con
total liberdade, tampouco hai moita présa.

Eu ata despois dos exames ainda non teño tempo, ou mellor dito, non
debería perdelo.

Ata logo,
             Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
  • Mozilla Miguel Branco
    • Re: Mozilla Leandro Regueiro

Responderlle a