Pregunta de ignorante no tema
¿iso non se pode cambiar por outro mais lexible? sería moi complicado?
a fin de contas en teoría debería se algo non moi cambiante.
Xabi G. Feal escribió:
Por certo, alguén se lle ocorreu botar-lle unha ollada aos miolos
dicionário galego de Hunspell?, (o que saiu co OpenOffice traducido).
Na miña opinión, se cadra pouco fiábel por ser da "competensia", é que os
autores trataron de dificultar ao máximo que alguén alleo poda entende-lo.
Gostaria coñecer outras opinións.
Andiven a ollar, só dicir que empregan un sistema de etiquetas para prefixos e
afixos do ficheiro .aff totalmente incomprensíbel sen unha guía de referencia
a maiores. É dicir, para cada palabra do ficheiro dic estabelecen os posibeis
conxuntos de prefixos e sufixos, cada cal representado por unha etiqueta. A
etiqueta é numérica. Para revisar os posibeis afixos que permite tal vocablo
do dic, hai que ir ao aff e mirar por cada referencia numérica da anterior. O
problema ven cando se queira implementar un novo vocablo no ficheiro dic e
haxa que saber qué conxunto de afixos atura. E para iso eles teñen que ter un
bo manual de referencia onde haxa as correspondencias entre etiquetas e
afixos de vocablos ou conxugacións.
Semella que a máxima de software libre referente á liberación do código non a
entenderon ben ou, mellor, máis vale reservarse o dereito económico de
revisar e modificar. O desenvolvemento do dicionario sigue así en propiedade
da empresa, simplemente por imposibilidade de que o fagan outros. Agora xa
non son os máis competentes, se non que son os únicos que poden facelo.
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
|
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno