O sábado enviei esta mensaxe á lista trasno, como non dá chegado envio-a por proxecto@trasno, a ver se desta vai.
---------- Mensagem Reencaminhada ---------- Subject: Relatorio de "PRODUCIR, ESPALLAR, LOCALIZAR… SOFTWARE EN GALEGO" List-Post: [email protected] Date: Sábado 30 Setembro 2006 20:44 From: José Ramom Flores d'as Seixas <[email protected]> To: [email protected] Mensaxe longa.... Onte asistin a unha xornada de traballo "Producir, espallar, localizar... software en galego", organizada polo Concello de Santiago. E mais, fun un dos relatores dunha das mesas de traballo, a titulada "Experiéncias e políticas de localización/produción de software en Galicia". (http://www.compostelacultura.org/conferencias/destacado.php?id_destacado=215 &lg=gal) Pensei en enviar unha mensaxe a esta lista para divulgar á dita xornada e animarvos a participar, mais como na convocatória dicia que o 80% das prazas estaban reservadas para invitacións nominais, e non sendo eu parte da organización, non me pareceu oportuno animar a participar sen falar previamente con eles. Mais as última duas semanas foron frenéticas, e apenas me lembrei do tema. Asi que en parte para compensar a miña pouca dilixencia anterior, envio-vos un resumo do que foi a xornada. Relatório ======== Houbo 3 mesas de traballo, duas pola mañá e outra pola tarde. 1) A primeira mesa, intitulada "Localización de software baseada no voluntariado. A experiéncia de SoftCatalá", tivo como moderadora a Isabel Vaquero, da USC, e como único relator a Jordi Mas, coordenador xeral de SoftCatalá. Este falou-nos da experiéncia da organización que coordena, explicando o seu labor e as chaves do seu éxito. Moito do que ali dixo pode-se ler nas páxinas de SoftCatalá (http://www.softcatala.org/quisom.htm), asi que mais que tentar resumir o seu relatório como tal, onde loxicamente adicou moito tempo a explicar o seu labor, sinalo alguns pontos que me pareceron de especial interese: * A imensa maioria da sociedade catalana, e dos seus representantes políticos, considera que o catalán debe ser a língua veicular en Cataluña. E iso traduce-se nun apoio substancial a calquer iniciativa que pule pola sua língua. * Softcatalá é unha asociación de voluntários, que nunca quixeron receber subsídios. Mais os poderes políticos procuraron a sua colaboración, e por fin atoparon unha maneira de lles dar diñeiro: con prémios. (Non foi evidentemente o noso caso). * Sempre tiveron boas relacións cos médios de comunicación, ou sexa son famosos. * Neste momento softcatalá esta composto por un núcleo de 10-12 persoas, ao redor dese núcleo un anel de entre 20 e 30 colaboradores regulares, e por último un segundo anel de unhas 50 persoas que colaboran pontualmente. * Teñen unha relación moi fluída con o TermiCat, que ademais funciona bastante ben. 2) A segunda mesa de traballo intitulou-se "Experiéncias e políticas de localización/produción de software en Galicia". Foi moderada por Carlos Neira, que non sei se segue mais que nalgun tempo foi membro desta lista, e tivo 3 relatores, por orde de intervención: Ramón Flores (ou sexa eu), Manuel Portas, concelleiro de Santiago, e Elena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Xunta de Galicia. Eu apresentei unha panorámica de localización de software ao galego, principalmente por voluntários. Nun anexo envio a apresentación coa que me axudei no meu relatório. O sr. Portas informou-nos sobre a labor que leva realizada o concello de Santiago. A verdade surprendeu-me a cantidade de material que levan producido. Teñen vários programas en galego, todos moi específicos como por exemplo para facer ementas de restaurantes en várias línguas, mais infelizmente non son software libre. Espero que isto mude, e asi llo dixen ao concelleiro. Para min o mais interesante foi o relatório da directora xeral, porque se mostrou entusiasta do software libre, por razóns éticas principalmente. Confrontada con que esa non parecia ser a atitude de todas as consellarias da Xunta, contestou que esperaba se aproba-se proximamente no consello da Xunta un plano estratéxico onde se fixarian as normas que deben seguir toda a administración autonómica a respeito de, entre outras cousas, o software. Seguindo o pacto que levou á constituizón deste governo. Acho que a miña principal aportazón a esta mesa foi formular unha posíbel maneira de colaboración entre as administracións e os proxectos voluntários. Asi unha instituizón (Xunta, concellos, universidades, empresas, fundacións) poderian colaborar con un proxecto voluntário, como é trasno, de duas maneiras: i) liberando a algun(s) dos seus traballadores para que adique parte (ou todo) da sua xornada laboral a traballar no proxecto. ii) con bolsas para que a xente allea a instituizón, a ser posíbel alguén que xa viñera traballando voluntário no proxecto, colabore no dito proxecto. Evidentemente tanto aos traballadores da instituizón como ao bolseiros pode-se-lle exixir un certo rendimento, cousa que non se pode exixir a un voluntário. Esta idea non é especialmente novidosa, xa que ven sendo utilizada no mundo GNU/Linux por empresas e universidades desde os seus inícios, empezando por Richard Stallman. 3) A 3ª mesa tivo por título "Alfabetización: a chave para a utilización e a difusión", sendo o moderador Daniel Romero, traballador do Concello de Fene, e tendo como relatores a Luis Teira (traballou como voluntário en Galego21 e en Ciberlíngua) e a Xosé Barreiro do Siega (http://contidos.edu.xunta.es/portal/index.htm). A mesa tratou loxicamente sobre o uso da informática na educación non universitária, falando-se mais de contidos pedagóxicos que do software, tocando-se moi de esguello o tema da liberdade do software. (Teño que recoñecer que debido a hora, despois do xantar, non lle prestei toda atención que debera a esta mesa.) Por último houbo unha sesión de debate para chegar ás conclusións da xornada, mais os organizadores comprometeron-se a facer públicas ditas conclusións na páxina web da concellaria de cultura. Asi que me permito dar por finalizado o relatório remitindo para a dita páxina, (http://www.compostelacultura.org/) , onde espero que nos próximos dias aparezan as conclusións. Un saudo Ramón -------------------------------------------------------
charla-concello-santiago.pdf
Description: Adobe PDF document

