Con respecto á traducion oficial. Jacobo foi o primeiro coordinador
oficial. Un dia fartouse e decidiu darse de baixa. Enviou unha mensaxe
e descontinuou o traballo, isto esta explicado na súa web.

Posteriormente Mariando Grueiro e outra xente decidiu retomar a
traducion. Crearon unha paxina web en mozdev e mais unha lista de
correo, agora abandonada. Creo que intentaron contactar ca xente de
mozilla, pero por problemas de axenda deixarono.

Mais ou menos polo mesmo tempo, a xente de galego21 con ¿Roberto?
Abalde á cabeza tamen se puxo a elo e conseguiron unha traducion
completa que non pensaban publicar de xeito oficial ningun.

A isto hai que sumar que Jacobo Tarrio continuou pola sua conta e
publicou de xeito non oficial unha traducion para firefox 1.5 moi
completa, incluindo a axuda. Posteriormente vendo que a cousa se
reactivaba un pouco decidiu en principio comezar a traducion de
thunderbird partindo do que levaba feito co firefox.

Neste momento aparece xente que quere reactivar a traducion de Mozdev,
xa que Jacobo non queria publicar a sua traducion de xeito oficial
para non ter que tratar mais ca xente de mozilla, e tamen porque
misteriosamente desapareceu galego21 e todo o traballo que fixeran.

O coordinador de mozdev cedeu o paso a outro que intentou contactar
con mozilla, pero eles dixeron que o coordinador era jacobo.
Contactouse con jacobo para que intercedera por ultima vez e se
solucionara o problema, xa que so pode haber un coordinador. Enviouse
a solicitude de baixa, e en teoria aprobouse, enviouse unha solicitude
de novo coordinador e intentaronse cumprir os requisitos, que son unha
chea deles e que nunca entendin de todo. O novo coordinador por
problemas de axenda imprevistos tivo que deixalo.

Este ultimo equipo, xuntaria a toda a xente que estivera traballando
por separado e partiriase da base do traballo feito por Jacobo,
publicando todo en nome de Trasno. E aqui estamos.

A min pareceme ben que alguen retome o proxecto, pero quen o colla que
o colla para unha boa temporada e con intencion de manter a traducion
actualizada e publicala oficialmente.

Insistidelle a Jacobo, que tarde ou cedo ha contestar e havos dicir
que collades a sua traducion e fagades con ela o que vos pete, pero
que lle deixedes de dar a vara :)

Omito intencionadamente o meu papel en todo isto. Prefiro non dar
explicacions ;-)


Ata logo,
                 Leandro Regueiro



 Con respecto so do grupo de tradución de mozilla, moi mal, dame a impresión
de que pasan de todo, por outra banda, quen ía ser o coordinador informou
hai un mes mais ou menos que xa non podería facer esa labor, en definitiva,
os de mozilla pasan olimpicamente e visto o panorama non me extraña que non
quen colla o proxecto.

Responderlle a