<retranca> Vivan as críticas construtivas e o traballo colaborativo! O mellor para corrixir os erros é mandar un correo a unha lista que según dis "os responsables da tradución non len". </retranca>
Non sei se o responsable concreto desa tradución le a lista ou non, pero hai unha lista de tradutores de Ubuntu (que é a distribución na que aparece ese erro - moi grave, que eu non detectara-), facilmente localizable (hai máis información en https://launchpad.net/~ubuntu-l10n-gl). Un saúdo. Felipe. P.S.: Calquera que atope erros deste tipo, por favor, que avise en [email protected] <mailto:[email protected]> Jacobo Tarrio wrote: > «Esta listo para instalar? Unha vez que conteste a unhas preguntas, os > contidos do CD podrán ser instalados na computadora para que asi poida > arrancar o sistema á maxima velocidade sen o CD.» > > Primeiro parágrafo do instalador dun coñecido sistema operativo; tres erros > ortográficos, un castelanismo e un erro de tradución. > > Deille a instalar en inglés. > > Non digo cal sistema é nin o vou seguir criticando, porque os responsables > da tradución non len esta lista (creo) e, polo tanto, sería inxusto facelo. > > Se lembrades o tipo de cousas que digo cando vexo un erro nunha tradución > (en castelán e en galego), non vos estrañará que vos diga que non uso > software traducido, ¿verdade? > >

