O Sábado, 3 de Marzo de 2007 00:19, Juan José Iglesias González escribiu:
> El Viernes, 2 de Marzo de 2007 19:17, Leandro Regueiro escribió:
[...]
> Hola, son un dos organizadores da Guademy.[...]
Olá,

> Podote asegurar que do venres ata o domingo pola mañán haberá actividades
> de continuo (incluida actividades nocturnas, comidas, ceas, vamos que van
> ser 60 horas de maratón informático-lúdico-festivo). Non tes porque asistir
> a todas pero creo que vai haber moitas que serán moi interesantes.

Buff... nen pensaba asistir a todas, nen quedar a cear, senón ir o sábado 
despois do exame do PEL e quedar até as oito ou nove, e voltar o día seguinte 
pola mañá. Se lío á muller para que se acerque á coruña ao mellor quedo nun 
hotel, e podería ir un par de horas nocturnas, pero non era o meu plano 
orixinal, de feito non penso nen levar ordenador comigo.

> Precisamente unha das actividades é a de:
> Colaborar en la traducción de Gnome: experiencia de un usuario no técnico
> http://gpul.grupos.udc.es/MaKaC/contributionDisplay.py?contribId=6&confId=0

Precisamente esta actividade, e a posibilidade de coñecer a Astals, Seigo e 
demais, foi o que me chamou.


> O espíritu da Guademy é combinar o mundo kde e o gnome. Non estaría de máis
> ter representación de trasno con respecto á traducción de software ao
> galego e como xa temos algo de gnome coa traducción un contrapunto de
> "traducción do entorno kde ao galego, emprego das ferramentas kbabel, ..."
> xunto cunha maraton de traducción colectiva nos viría moi ben.

Para pouco dará: kbabel en media hora apréndese a manexar ben, o único son as 
cuestións "avanzadas", como configurar os atallos ao gusto de cada un, p.ex. 
para pór nun lugar cómodo o de "Inserir seguinte etiqueta", ou o de como 
estruturar a árbore de directorios para simplificar o uso das ferramentas de 
procura de diferenzas entre versións dun mesmo ficheiro (útil para a 
documentación).

> Para calquer dúbida tedes informac...@guademy.org. A min ademáis me podedes
> falar por jabber en bi...@kdetalk.net.

Anda, só coñezo outra persoa cun enderezo jabber de kde: eu 
> > > >
> > > > Non deixarei de ir. Tranquilos, que xa torzo eu os dentes dos garfos

Debe ser a primavera: vou mercar unha cubertaría.

-- 
Best regards
MV
><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º>
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE

Attachment: pgpJ82Uk8ZjLl.pgp
Description: PGP signature

Responderlle a