E hai algún responsable por aqui??? E eu sen me enterar :)

Eu en principio non me presento voluntario, pero a falta de alguén
mellor supoño que se poderá contar comigo.

Ata logo,
                Leandro Regueiro

On 5/3/07, Ana García <kefa...@gmail.com> wrote:
Bos días, chámome Ana García e traballo na Axencia Galega de Noticias en
Santiago. Estamos a preparar un especial para o día das Letras Galegas no
que queremos afondar no galego como unha língua de futuro. Para elo queremos
tratar diversos ámbitos, como o do software libre, no que se convirte nunha
ferramenta con gran utilidade para as novas tecnoloxías. Quería saber se
podería falar con algún dos responsables do proxecto algún día da semana
próxima, en persoa ou por teléfono se non fose posible.

Un saúdo!



Responderlle a