Boas, estiven tentando usar o Enchant a través de aplicacións GTK, en concreto 
GTranslator. Teoricamente, permitiría usar o Enchant e conseguintemente o 
dicionario Hunspell de galego do OpenOffice. 

Pero dada a pouca funcionalidade que lle atopo ao GTranslator (hai unha caixiña 
na que activas a verificación ortográfica instantánea, sen máis opcións nin 
indicacións de se funciona ou non) non son quen de o configurar axeitadamente. 

¿Alguén fai uso desta opción? (¿alguén usa o GTranslator?) ¿Hai algún usuario 
habitual de Gnome que fora quen de o habilitar, neste ou noutros programas?
-- 
"Feel free" - 10 GB Mailbox, 100 FreeSMS/Monat ...
Jetzt GMX TopMail testen: http://www.gmx.net/de/go/topmail

Responderlle a