Perdoa, non entendo a pregunta.
Se te refires a que fixen para que traballase, pois:
instalei o gtranslator co synaptic
e configurei tal como che indico na captura.
Mais nada.
Se queres algunha aclaración mais non dubides en preguntar.
Saúdos

pd. Por certo, levo uns días empregando o corrector de galego no thunderbird 2.0 e salvo o erro nas suxestións, estou contento coa axuda que ofrece ao sinalar os erros.

Xabi García escribiu:


Mirado!
Fíxate nas capturas de pantalla que che envío.
Saudos


E que fixeches home?

Pode que sexa unha cuestión de configuración do entorno, e que usar Gnome axude a poder configuralo? Polo momento vou probar a poñer gl-ES como fixeches ti, coido que eu puxen gl_ES. Estas son o tipo de cousas que fan dos programas unha inutilidade.
Para Nacho:

O Enchant é un "backend" de corrección ortográfica que se sirve do ISpell, 
Aspell, Myspell e Hunspell para facer as cousas. O gtk spellchecker ou o gnome-spell usan 
xa o Enchant para corrixir, só que hai distribucións destes paquetes nas que non se 
compilou o enchant para que poida usar o Hunspell. Houbo tentativas en KDE de usar o 
Enchant, pero semella que preferiron facerse eles mesmos a tortilla. A min me parecen 
demasiadas capas de traballo-programas para facer tan pouca cousa.

--
Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html

Responderlle a