> Mirado!
> Fíxate nas capturas de pantalla que che envío.
> Saudos
>
E que fixeches home?
Pode que sexa unha cuestión de configuración do entorno, e que usar Gnome axude
a poder configuralo? Polo momento vou probar a poñer gl-ES como fixeches ti,
coido que eu puxen gl_ES. Estas son o tipo de cousas que fan dos programas unha
inutilidade.
Para Nacho:
O Enchant é un "backend" de corrección ortográfica que se sirve do ISpell,
Aspell, Myspell e Hunspell para facer as cousas. O gtk spellchecker ou o
gnome-spell usan xa o Enchant para corrixir, só que hai distribucións destes
paquetes nas que non se compilou o enchant para que poida usar o Hunspell.
Houbo tentativas en KDE de usar o Enchant, pero semella que preferiron facerse
eles mesmos a tortilla. A min me parecen demasiadas capas de traballo-programas
para facer tan pouca cousa.
--
Psssst! Schon vom neuen GMX MultiMessenger gehört?
Der kanns mit allen: http://www.gmx.net/de/go/multimessenger