Ola:
Ando a traducir unha extensión de mozilla, o reminderfox, ten un calendario, tarefas... O caso é que non teño clara cal é a tradución mais axeitada


reminder: recordatorio, lembrete (isto é en portugues, mirei no volga e non aparece ainda que ao meu modo de ver é moi axeitado), recordación, lembrado, recordativo...

Tooltip: etiqueta de información?

Developers: desenvolvedores ou desenroladores?


completed: refirese a tarefa ou recordatorio (reminder), que será o mais axeitado? completado, feito, rematado...

popup: notificación emerxente?

Saúdos e grazas.

--
Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html

Responderlle a