Outra vez problemas co enderezo de resposta

> Vexo que tes experiencia, Marce. Eu estou a ver se remato a campaña
> Herdeiro ó Trono para que me aparezan máis cousas na axuda e enterarme
> de como é o xogo.

Aforra nas personaxes con experiencia, faránche moita falla para o
cenario de "The clan test", posiblemente o máis difícil de todos.
Aliás, se ascenden de nível magos, procurar polos como magos brancos.
Non só curan, senón que son sagrados, así que en canto teñas dous,
poderás machacar nos non mortos. Colle o cetro coa rapaza.

Vexo que ti xa lle deches duro. Resulta que fun coller o cetro co
rapaz :). Agora estou atoado nun escenario no que te enfrentas contra
cinco inimigos e que está todo cheo de brañas, antes de chegar ó
bosque dos elfos do norte. Decidín que era moito para min e púxenme
con outra campañas.

> Teño certas dúbidas para as que ti igual tes tradución:
>
> quintain

Sen contexto non teño nen p. ideia.

O contexto telo no titorial. Non é moi longo e o quintain aparece no
primeiro escenario.

> swamp creo que o vou traducir coma brañas

Pode ser, son eses terreos que aparecen como con xuncos. Supostamente
son como terras inundadas ou illós. Se vas polo xistrál, algo disto
poderás atopar. É moi curioso chantarse até os nocellos.

Cando estaba na escola, sempre nos dician: este animal chámase raposo,
pero nalgunhas partes de galicia chámanlle doutro xeito. E así con
moitas outras palabras. Un dia por curiosidade pregunteille onde
quedaban esas partes e resulta que sonche pola zona de mondoñedo, que
creo que queda cara o xistral, se non me equivoco, asi que non me
estraña que por aló lle chamen doutro xeito. :)

> Estou intentando traducir o máis exactamente os nomes das unidades
> pero só consigo atopar unhas poucas cousas no diccionario. Ata
> palabras das que sei a tradución exacta non veñen no diccionario, é
> incrible. Cando teña cartos a ver se merco un diccionario decente.

E logo wordreference non che parece decente? Flores D'As Seixas tamén
citou algunha vez outro (creo que dictionay.org)

Se se precisa unha conexión a internet case non me vale. Eu se estou
traducindo e de súpeto me aparece unha dúbida, se non a resolvo pronto
quítame as ganas de seguir traballando, xa que fai que non avance.
Ademais cando teño unha dúbida sempre é unha dúbida que afecta a unha
chea de cadeas, sonche cousas das leis de Murphy :)

Non te preocupes moito polos nomes das unidades, afinal case non teñen
importancia.
Os skirmishers son unha unidade da equipa "Dragón", funcionalmente
suponse que é un "explorador" (scout), semellante aos cabalos elfos,
xinetes de lobo dos Trolls, ou cabalos humanos (os de 17, non os de
23).

Como mínimo é recomendable ter un mínimo de consistencia nos nomes,
que se parezan algo ó que en realidade son.

No meu diccionario de galego aparece fustrigador, pero non sei se esa
será unha palabra axeitada.

Lagarto pode ser unha tradución, pero tamén hai lagartos chamán... má sorte.

Lagarto tíñallo pensado para unhas unidades que teñen "saurian" no
nome e que son coma lagartos a dúas patas.

> Voulles protestar para que dividan os ficheiros .po como deus manda,
> porque está o wesnoth-editor que en teoria é para o editor de mapas e
> no cal só están a metade das cousas que aparecen nel. Tamén temos o
> wesnoth-lib que ten as cousas que lle faltan ó outro e ademais ten
> traducións das ventás de preferencias e algunha outra cousa solta. E
> despois temos o catálogo wesnoth, que é grandisimo e ten cousas tan
> dispares coma os consellos do "tome of wesnoth", a sección de axuda,
> algunha cousa da parte das preferencias, e todo o demais agás as
> campañas.

Mira que ben, a mesma distribuición que usa kde: o non relativo a unha
gui concreta ou usado en varias -a infraestrutura-- en *libs, e o
resto no que toque.

Xa. Hai moita xente en contra. Dixéronme que se o quería facer eu que
o fixera, e creo que o vou facer, polo menos para sacar cousas que
claramente non teñen relación con outras cadeas do ficheiro.

> Agora mesmo estou traducindo estes tres catálogos e maila campaña
> Herdeiro ó Trono e mailo Titorial.
Que che sexa leve.

Grazas. Tamén me puxen ca campaña da garda do sur, que foi a única que
conseguín rematar :)

Vou poñer aquí algunhas dúbidas máis:

hit points->puntos de ataque, puntos de vida???? 0 puntos -> unidade morre
axe->hacha?
lich??
drains->quitar vida pero nunha palabra
staff->bastón??
skirmisher-> hostigador, pero en galego???? é que non me ven no diccionario
backstab->puñalada ??? aqui falta algo
bowman->arqueiro?
longbowman->???
cavalier, cavalryman, knight, dragoon, horseman
crossbow->a arma de guillermo Tell??
trapper->trampeiro??
cuttle fish->parece un kraken ou algo asi???
dark adept??
necromancer->nigromante?
hatchet->mirar o debuxo da arma en dwarvish lord???
thunderstick??
elvish shyde?
ensnare?
thorns?
ranger-> gardabosques???
marksman->algo de acompasado??
avenger->vingador??
elvish champion->defensor ou campión??
outrider?? rider é xinete
shyde?? igual podería ser fada
revenant??
bone shooter-> tirador de ósos??
wail?? o berro das harpías ten un nome concreto??
footpad??
ghoul??
necrophage->necrófago??
goblin->trasno?? estou case seguro disto...
foe-> inimigo???
mermen->sereas, sirénidos ou algo polo estilo??
naga???
cleaver-> a ferramenta ca que os carniceiros cortan a carne??
grunt??
slayer->matador?? asasino xa está collido
greatsword->espada grande, espadón???
pike->pica?
pikeman->piqueiro??
serpent->serpente??
morning star?? a arma esta que leva unha bóla con pinchos colgada dunha cadea
soulless->inanimado??? a non ser que haxa unha palabra para dicir que
non ten alma
swordsman??
troll whelp??
troll rocklobber??
baneblade?? debúxana coma unha espada de luz ó máis puro estilo star wars :)
wraith??
chasm->sima??
however->sen embargo, non obstante, nembargantes, en troques, ainda asi...???
plow??
rockbound cave-> cova ...??con estalactitas, etc...
worth??
liege??


Sinto a falta de contexto, pero non me acordei. Se tedes falta de
contexto poñédeo, que intentarei buscalo.

Ata logo,
              Leandro Regueiro

Responderlle a