Coido que poderíamos falar de: Rocker gesture: acenos de botón Shape gesture: acenos de debuxo/forma
Non sei se serán as mellores traducións para que se comprenda ben o que son... Saúdos. mvillarino wrote: > Un "rocker gesture" é un aceno feito só cos botóns do rato que activan unha > función. Por exemplo, no Opera, se premes o botón dereito, e manténdoo, > premes o esquerdo, logo soltas o dereito, e seguido o esquerdo, vas para a > páxina anterior no historial (+/-, iirc). > Un "shape gesture" é un aceno feito mantendo calcado un botón do rato e > movendo este dun xeito dado. Por exemplo, no Konqueror, se mantés premido o > botón central do rato, e moves o ponteiro cara a esquerda (en horizontal), > vas para a páxina anterior no historial (como no exemplo anterior). > Pois resulta que aparecen as dúas expresións en kdelibs4.po. Algunha > suxestión > de como traducir estas dúas expresións?

