Atallos de rato?
No firefox a extensión chámase mouse gestures, xestos de rato.
Outra podería ser accións de rato (esta xa non me gusta tanto parece moi xenérica)


Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


mvillarino escribiu:
Un "rocker gesture" é un aceno feito só cos botóns do rato que activan unha función. Por exemplo, no Opera, se premes o botón dereito, e manténdoo, premes o esquerdo, logo soltas o dereito, e seguido o esquerdo, vas para a páxina anterior no historial (+/-, iirc). Un "shape gesture" é un aceno feito mantendo calcado un botón do rato e movendo este dun xeito dado. Por exemplo, no Konqueror, se mantés premido o botón central do rato, e moves o ponteiro cara a esquerda (en horizontal), vas para a páxina anterior no historial (como no exemplo anterior). Pois resulta que aparecen as dúas expresións en kdelibs4.po. Algunha suxestión de como traducir estas dúas expresións?

Responderlle a