Un "rocker gesture" é un aceno feito só cos botóns do rato que activan unha función. Por exemplo, no Opera, se premes o botón dereito, e manténdoo, premes o esquerdo, logo soltas o dereito, e seguido o esquerdo, vas para a páxina anterior no historial (+/-, iirc). Un "shape gesture" é un aceno feito mantendo calcado un botón do rato e movendo este dun xeito dado. Por exemplo, no Konqueror, se mantés premido o botón central do rato, e moves o ponteiro cara a esquerda (en horizontal), vas para a páxina anterior no historial (como no exemplo anterior). Pois resulta que aparecen as dúas expresións en kdelibs4.po. Algunha suxestión de como traducir estas dúas expresións? -- Best regards MV ><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> Public key available at www.keyserver.net GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE
pgpfnd4I9aGgm.pgp
Description: PGP signature

