Parécenme acertadas as ideas de mvillarino inda que un pouco técnicas. Non caio en con tipo de público vos ides atopar pero no caso de que non fora moi 'técnico', non 'taría mal que fixerades un pouco de proganda para que se 'afiliase' máis xente a isto da tradución.
Aparte diso, efectivamente, poderiades falar dos problemas da vida real dun 'tradutor': como traducir determinados 'palabros' e a que 'consensos' se chegou etc.; ferramentas online que se teñen (ie. open-tran.eu), diccionarios axeitados (cambridge, oxford online, webster) e vicios a evitar (como 'copiar' das traducións en castelán). (calquera cousa neste aspecto, non hai + ca preguntar/pedila) Para facer máis amena a presentación (e isto é un consello persoal froito da miña modesta experiencia facendo presentacións) é que incluades pantallazos de ferramentas, webs etc das se esteades a falar e que nunca carguedes as presentacións con exceso de texto. O de facer chistes xa é pra masters, LoL!. Aconsellovos tomar tila ós dous de cando en cando, rapaces: > > Que teima tedes os kdeeiros en fastidiar á xente que usa o resto de > > escritorios: que cargar qt quéimanos o ordenador, home!!! En todo caso > > moitas gracias e intentaremos aproveitar as vosas aportacións. > > A min o que me fai churrasco o procesador son o oo.org, así como > algunha ferramenta feita en java, e achántome. Co ff non, hai tempo > que o mandei a paseio. Os kdeeiros tamén estamos case obrigados nas grandes distros a instalar GTK+ (eu de feito teño instalado KDE4, KDE3 e GNOME completo e non por vicio) e creo que non o vociferamos tanto que o temos que instalar e que vai pior e que é feo coma o demo... (:) e tomese con humor). Así como hai grandes aplicacións feitas en GTK+ tamén en Qt así que queima-lo ordenata pode ter os seus beneficios. (Estou de acordo co de java e inda que tamen quixera non me dou desfeito do ff). Supoño que pedindo que cho pasara noutro formato aforrabades a discusión. Aburiño!

