El 2/03/08, Miguel Branco <bandu...@gmail.com> escribió:
> Aparte diso, efectivamente, poderiades falar dos problemas da vida real
> dun 'tradutor': como traducir determinados 'palabros' e a que 'consensos' se
> chegou etc.; ferramentas online que se teñen (ie. open-tran.eu),
> diccionarios
> axeitados (cambridge, oxford online, webster) e vicios a evitar
> (como 'copiar' das traducións en castelán). (calquera cousa neste aspecto,
> non hai + ca preguntar/pedila)
Certamente

> Aconsellovos tomar tila ós dous de cando en cando, rapaces:
Que dis!, hoxe tiven que tragarme 5 horas de comida familiar na casa
dos sogros, e non hai ansiolítico que sirva: estou que roio :-) ,
mecago na puta, como me tarda que sexa luns (shhh, non digades que o
dixen eu)

> > > Que teima tedes os kdeeiros en fastidiar á xente que usa o resto de
> > > escritorios: que cargar qt quéimanos o ordenador, home!!! En todo caso
> > > moitas gracias e intentaremos aproveitar as vosas aportacións.
> >
> > A min o que me fai churrasco o procesador son o oo.org, así como
> > algunha ferramenta feita en java, e achántome. Co ff non, hai tempo
> > que o mandei a paseio.
>
> Os kdeeiros tamén estamos case obrigados nas grandes distros a instalar
> GTK+
> (eu de feito teño instalado KDE4, KDE3 e GNOME completo e non por vicio) e
> creo que non o vociferamos tanto que o temos que instalar e que vai pior e
> que é feo coma o demo... (:) e tomese con humor). Así como hai grandes
> aplicacións feitas en GTK+ tamén en Qt así que queima-lo ordenata pode ter
> os
> seus beneficios. (Estou de acordo co de java e inda que tamen quixera non me
> dou desfeito do ff). Supoño que pedindo que cho pasara noutro formato
> aforrabades a discusión.

Pois eu, en debian, tras cada instalación desinstalo as gtk, e asunto
arranxado, despois instalo os programas que precise. FF non o noto en
falta, aínda que eu fago un uso moi básico da internet. O que máis
problema me dá é sf.net, polos fallos de programación que levo.
Conste, por desculparme, que eu antes que fraile fun monaguillo: entre
2003 e 2005 fun usuario de gnome en linex, pero ao ir ficándome vello
o hardware, e ao ter que usar certos progs para qt, paseime a kde por
necesidade de alixeirar o sistema, máis ou menos cando comecei a
colaborar na tradución.
De calquer maneira esta non é a cerna da discusión: se houese máis
formatos estándares, para tipos de ficheiros "raros", como os minmaps,
os xestores financeiros, etc., este tipo de cousas non pasaría:
simplesmente diría: eis, un mapa de ideias cunhas suxestións. E eu
teríao feito do dissert e leandro abriríao o g*.
O mesmo me pasa do kmm e o gnucash, nada novo.

Responderlle a