2008/4/27 mvillarino <[email protected]>:
> Olá, Leandro:
> O de "dual head" (configuración onde unha tarxeta de vídeo cun único
> chipset xestiona dúas saídas de monitores independentes, i.e., onde
> cada monitor mostra unha imaxe diferente), poderíamos deixalo como:
> - Sistema con dous monitores. Sistema con monitor dual.
> - Tarxeta para dobre pantalla //pantalla dual.
> - Monitor/pantalla dual.
>
> Está pouco traballada
Home, algo é algo, ainda moi non me convence. A ver se na xuntanza
tamén se fala de que poidamos ter acceso ás traducións que se fixeron
para o MS WIndows e mailo MS Office... igual podian axudar. O que si é
moi necesario é ese opentran de todo o que haxa traducido ó galego.
Ata sería boa idea facer que tamén devolva as entradas dos glosarios
se houbera esas palabra neles (esperemos que se unifiquen, así sería
menos traballo).
Ata logo,
Leandro Regueiro