Ola, navegando pola wikipedia en galego e pensando no transfondo matemático de "to map" fun á páxina onde falan das funcións matemáticas que o que fan é "mapear" ou máis ben relacionar uns datos de entrada e uns de saída. Se dades o visto bo podemos poñer no glosario:
to map -> relacionar
map -> relación
Creo que isto podería incluir a relación de clientes locais con
clientes de, por exemplo, samba ou nfs...
Ata logo,
Leandro Regueiro

