Ola,
navegando pola wikipedia en galego e pensando no transfondo matemático
de "to map" fun á páxina onde falan das funcións matemáticas que o que
fan é "mapear" ou máis ben relacionar uns datos de entrada e uns de
saída. Se dades o visto bo podemos poñer no glosario:
to map -> relacionar
map -> relación
Ata logo,
Leandro Regueiro
2008/4/27 Leandro Regueiro <[email protected]>:
> 2008/4/27 mvillarino <[email protected]>:
>
> > Olá, Leandro:
> > O de "dual head" (configuración onde unha tarxeta de vídeo cun único
> > chipset xestiona dúas saídas de monitores independentes, i.e., onde
> > cada monitor mostra unha imaxe diferente), poderíamos deixalo como:
> > - Sistema con dous monitores. Sistema con monitor dual.
> > - Tarxeta para dobre pantalla //pantalla dual.
> > - Monitor/pantalla dual.
> >
> > Está pouco traballada
>
> Home, algo é algo, ainda moi non me convence. A ver se na xuntanza
> tamén se fala de que poidamos ter acceso ás traducións que se fixeron
> para o MS WIndows e mailo MS Office... igual podian axudar. O que si é
> moi necesario é ese opentran de todo o que haxa traducido ó galego.
> Ata sería boa idea facer que tamén devolva as entradas dos glosarios
> se houbera esas palabra neles (esperemos que se unifiquen, así sería
> menos traballo).
>
> Ata logo,
> Leandro Regueiro
>