> > Ola,
> > non sei como traducir backport ou incluso port (tanto o verbo coma o
> > substantivo).
>
> Non sei o contexto pero ao mellor vale:
>
>  complementario
>  extraoficial
>  adicional
>
>  estou a pensar no caso dos repositorios por exemplo.

Vai ser que non vale. Os "backports" son software máis novo que se
empaqueta para unha distribución que ten unha versión máis vella dese
software. Por exemplo imaxina que alguén empaqueta o KDE 4 para un
ubuntu 4.10 (estou esaxerando pero esta é a idea), pois iso é un
"backport" de KDE4 para ubuntu 4.10.

No caso dos "ports" é levar o software a outra arquitectura para a que
ainda non habia unha versión (ou algo polo estilo). "To port" é o
verbo aplicado a facer "ports". Por exemplo a versión de KDE 4 para MS
Windows sería un "port" a Windows.

Ata logo,
                Leandro Regueiro

Responderlle a