Xa vexo que ninguén ten ideas para backport. Unha busca na wikipedia
tampouco obtivo resultados.
Ata logo,
Leandro Regueiro
2008/4/28 Leandro Regueiro <[email protected]>:
> > > Ola,
> > > non sei como traducir backport ou incluso port (tanto o verbo coma o
> > > substantivo).
> >
>
> > Non sei o contexto pero ao mellor vale:
> >
> > complementario
> > extraoficial
> > adicional
> >
> > estou a pensar no caso dos repositorios por exemplo.
>
> Vai ser que non vale. Os "backports" son software máis novo que se
> empaqueta para unha distribución que ten unha versión máis vella dese
> software. Por exemplo imaxina que alguén empaqueta o KDE 4 para un
> ubuntu 4.10 (estou esaxerando pero esta é a idea), pois iso é un
> "backport" de KDE4 para ubuntu 4.10.
>
> No caso dos "ports" é levar o software a outra arquitectura para a que
> ainda non habia unha versión (ou algo polo estilo). "To port" é o
> verbo aplicado a facer "ports". Por exemplo a versión de KDE 4 para MS
> Windows sería un "port" a Windows.
>
> Ata logo,
> Leandro Regueiro
>