On Tue, May 20, 2008 at 11:18 AM, mvillarino <mvillar...@gmail.com> wrote:
> O Martes, 20 de Maio de 2008, Leandro Regueiro escribiu:
>> Vexo que tamén lle meteron as cadeas do Xfce... Alguén se apunta a
>> traducir Xfce despois dos exames?? Son só 4500 cadeas...
> Que marcador emprega para os atallos de teclado? &, _ ou ~ ?

Nin idea. Podes mirar nos ficheiros .po.

Xa che digo que o pouco que traducín foi con Rosetta e que o deixei
cando vin que as traducións non estaban todo o ben feitas que
deberían, e que a tradución en xeral de Xfce adoecía de consistencia.
Tiña a intención de retomar a tradución e comezar de cero para
eliminar os erros (máis ou menos o que estamos facendo agora en
openSuse), pero funo adiando unha e outra vez e ainda non comecei,
posiblemente debido a que non usei Xfce moito tempo. A ver se cando me
poña a traducilo o instalo, pero é un vicio usar xa un sistema que
estea todo en galego (GNOME)

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a