Ola, polo visto Jacobo sigue vivo e con ganas, e acaba de publicar
notas sobre a súa forma de traballo no seu blog
http://raw-output.org/20080520/galician-debconf-template-translation-workflow

Por outra parte acabo de ver en http://www.agnix.org/?q=node/1582 que
usan pestana para referirse a tab. Supoño que con isto volveremos
abrir o debate da terminoloxía, de por que nós escollemos tab=lingüeta
e por que en Mancomun usan tab=separador. Na miña opinión lingüeta é
mellor opción ca separador xa que eu uso separador para me referir a
outro "widget". Mentres non se estandarice unha tradución e a usemos
todos por todas partes, seguirán pasando cousas coma esta...

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a