Eu teño recuperado ficheiros en circunstancias así. Para que as técnicas
de restauración funcionen é fundamental que non toques a táboa de
particións nin o sistema de ficheiros e que desconectes o disco en
cuestión. Se precisas seguir traballando sobre ises datos, entón faille
unha imaxe e traballa sobre a imaxe, o disco a recuperar non debes
tocalo.

E despois terás que aplicar as técnicas de restauración que son un pouco
coñazo pero non son moi complexas. Estas técnicas poden aplicarse ou non
en función de:

- sistema de ficheiros?
- partición primaria?
- lvm?
- encriptación?

Saúdos, 

mvillarino escrebeu:
> SOCOOOOORRRRRROOOOOO!
> 
> Pois a ver, tras unha serie de apagados/encendidos, a causa de flipes
> totais do ordenador, causados por unha placa de memoria que  morreu
> por cachos, resulta que agora reinicio o ordenador e ~/Mail non é o
> cartafol que tiña que ser, senón un ficheiro (non vos envío o seu
> contido porque contén datos privados).
> Entón, que pasou? Sería posíbel procurar o inodo orixinalo u algún
> inodo perdido polo disco duro de /home e asociarlle de novo un nome de
> ficheiro, a ver se así vai?
> 
> Toda axuda será benvida.
> 
> Nota: Jeje, como mola, estamos no 83%, e habemos subir máis ;-)
> 
> 
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

Responderlle a