Nin idea meu! será ese un ficheiro mbox? nota: se podes, tira coa computadora "asasina" de caixas de correo.
mvillarino escribiu:
SOCOOOOORRRRRROOOOOO! Pois a ver, tras unha serie de apagados/encendidos, a causa de flipes totais do ordenador, causados por unha placa de memoria que morreu por cachos, resulta que agora reinicio o ordenador e ~/Mail non é o cartafol que tiña que ser, senón un ficheiro (non vos envío o seu contido porque contén datos privados). Entón, que pasou? Sería posíbel procurar o inodo orixinalo u algún inodo perdido polo disco duro de /home e asociarlle de novo un nome de ficheiro, a ver se así vai? Toda axuda será benvida. Nota: Jeje, como mola, estamos no 83%, e habemos subir máis ;-)

