Marce Non vou poder responderche inmediatamente estou a mil e necesito localizar primeiro as notas. O que eu empreguei non funcionaba con ext3 e consistía nunha primeira lectura do sistema de ficheiros que tardaba bastante tempo (era como poñelo en modo promiscuo ou algo así), despois facer a busca polo nome do ficheiro, ver o contido do apuntado polo inodo e despois restaurar a un ficheiro temporal doutra partición. Eu non desesperaría, tomaríamo con calma e sobre todo non me precipitaría a facer cousas sen lerme ben antes a documentación. Cunha única primaria sen lvm ou cifrado un ficheiro borrado o sobreescrito debería ser fácil de recuperar, a non ser claro que haxa un fallo físico do próprio disco.
Miraches o messages a ver qué pasou? Fíxate antes da data do casque: problemas coa controladora? Seeking skips? Disconnect on error? Lánzalle greps aos logs con 'hdb' case insensitive. Emprega hdparm para encendelo e apagalo é fíxate no ruído: bucles? clacks? En fin, que antes de poñerse a fedellar no filesystem, descarta erro físico do próprio disco (xa me supoño que funcionará ben e que o problema estivo na ram) e así a min dasme algo de tempo (ou a quen sexa para que te conte o seu truco si se da o caso). E digo eu que igual era bó seguir a conversa en privado pra non darlle a brasa á peña. Se ao final consigues recuperalo cóntaslle o tema e todo ese correo que lles aforramos. Saúdos, mvillarino escrebeu: > Continúo: supoño que teño que localizar os inodos descastados do > antigo ~/Mail, e asinarlles un nome. Como o fago? > > 2008/5/26, mvillarino <[email protected]>: > > Ext3, actualmente desmontado (mais non podo asegurar que non se > > empregase área de datos do inbox/outbox para algunha cousa interna) > > Partición primaria, única do disco /dev/hdb > > Non, nesta máquina non emprego lvm, nen cifrado. > > > > Teño o sleuthkit+autopsy instalado e a traballar (aparentemente); e agora? > > > > > -- > To unsubscribe, send mail to [email protected].

