2008/5/26  <suso.bale...@xunta.es>:
> Marce
>
> Non vou poder responderche inmediatamente estou a mil e necesito localizar
> primeiro as notas. O que eu empreguei non funcionaba con ext3 e consistía
> nunha primeira lectura do sistema de ficheiros que tardaba bastante
> tempo (era como poñelo en modo promiscuo ou algo así), despois facer a
> busca polo nome do ficheiro, ver o contido do apuntado polo inodo e
> despois restaurar a un ficheiro temporal doutra partición. Eu non
> desesperaría, tomaríamo con calma e sobre todo non me precipitaría a
> facer cousas sen lerme ben antes a documentación. Cunha única primaria
> sen lvm ou cifrado un ficheiro borrado o sobreescrito debería ser fácil
> de recuperar, a non ser claro que haxa un fallo físico do próprio disco.
>
> Miraches o messages a ver qué pasou? Fíxate antes da data do casque:
> problemas coa controladora? Seeking skips? Disconnect on error? Lánzalle
> greps aos logs con 'hdb' case insensitive. Emprega hdparm para encendelo
> e apagalo é fíxate no ruído: bucles? clacks?
>
> En fin, que antes de poñerse a fedellar no filesystem, descarta erro
> físico do próprio disco (xa me supoño que funcionará ben e que o
> problema estivo na ram) e así a min dasme algo de tempo (ou a quen sexa
> para que te conte o seu truco si se da o caso).
>
> E digo eu que igual era bó seguir a conversa en privado pra non darlle a
> brasa á peña. Se ao final consigues recuperalo cóntaslle o tema e todo
> ese correo que lles aforramos.

A min interesame. Bótanme da biblio.

Ata logo,
                 Leandro Regueiro

Responderlle a