El miércoles, 28 de mayo de 2008 a las 15:02:03 +0200, Leandro Regueiro escribía:
> No g11n falarase de facer as traducións para estas cousas (zonas > horarias, paises, moedas, linguas, etc) dunha vez e rematar xa co > problema este. De feito comentara alguén que habia un grupo de > lingüistas traducindo xa algo... Ah, e acaba de me acordar algo. Estase a preparar no Consorcio Unicode a nova versión (1.6) do Common Locale Data Repository, que é unha colección dese tipo de datos: nomes de países, moedas, linguas, formatos numéricos, formatos de data, unidades métricas, etc. Como a empresa na que traballo forma parte do tal Consorcio, tiven a posibilidade de introducir os datos para o galego :) Non introducín tódolos datos (por exemplo, como hai unha morea de nomes de países e de idiomas, e o sistema de introdución de datos non era moi bo, só engadín os máis vencellados a Galicia), pero si dabondo para ter a "cobertura básica" para o idioma galego. Ben, case dabondo: quedáronme cinco ou seis cousas por engadir, porque non me decatara de que aínda me quedaba por engadir a forma plural dalgunhas cousas, e entre tanto pasaron da fase de introdución de datos á fase de selección. Fareino mellor cando se faga a próxima versión :) Creo que había ser interesante que a Xunta se incorporara ao Consorcio Unicode para que as vindeiras versións dos estándares e productos de Unicode inclúan datos galegos de calidade :) Por suposto, esta opinión é miña soamente, e a empresa na que traballo non ten por que compartila :) -- Jacobo Tarrío | http://jacobo.tarrio.org/

