2008/5/28 <[email protected]>: > Jacobo Tarrio escrebeu: >> >> Creo que había ser interesante que a Xunta se incorporara ao Consorcio >> Unicode para que as vindeiras versións dos estándares e productos de Unicode >> inclúan datos galegos de calidade :) >> > > Concordo. Se tes clara cal debe ser a estratéxia pra conseguilo, avisa e > iniciamos o procedemento.
Eu tamén concordo. A ver se puidera ser. Respecto dos códigos, tes razón Jacobo, pero polo que vexo este só é un dos múltiples ficheiros de códigos ISO. Como se pode ver en http://translationproject.org/team/gl.html os ficheiros que comezan por iso- teñen moito traballo por facer. Sería interesante xuntarse algunhas persoas e a ver se se conseguiran rematar, xa que afortunadamente non fai falta o disclaimer... Ata logo, Leandro Regueiro

