2008/5/29 Xusto <snlxu...@lugo.usc.es>:
> Ola,
>
> Primeiro de nada, habería que concretar a qué te estás referindo. Entendo
> que preguntas por documentos coma este
> (http://www.blogoteca.com/ctnl/rss.php). Se non é así, se cadra nada do que
> segue ten sentido.
>
> Pero se estou no certo, penso que o abano de denominacións que indicas aínda
> se pode ampliar:
>
> a) Na localización do Wordpress ao galego non tocan o anglicismo e manteñen
> FEED. [Este traballo pode consultarse en
> http://corpus.mancomun.org/xestermos.php e -se nos fiamos do que nesa páxina
> se di- parece estar revisado e avalado polo Termigal (o que nos levaría a
> concluír que FEED é a proposta normativa galega); pero acabo de consultar
> telefonicamente con esta entidade e indicáronme que alí non consta ningunha
> revisión do proxecto de localización do Wordpress; e de feito desde Termigal
> están aconsellando outras alternativas.]
>
> b) En páxinas web en galego fálase de CANAL ou de CANLE (esta última é a
> forma que está recomendando provisionalmente Termigal), posiblement influída
> pola forma que se considera normativa en catalán ("canal d'informació")
>
> c) Noutras úsase FÍO e noutras FLUXO ("fío RSS", "fluxo RSS")
>
>
> A miña opinión (e subliño isto) é que formas como CANLE, FÍO ou FLUXO
> parecen remitirnos máis ao proceso completo (que inclúe a subscrición e a
> consulta a través dun lector ou dun navegador) ca ao documento de partida.
> Para referirse ao documento, penso que pode haber outras alternativas.
> Tomando como referencia a actividade das axencias de noticias, que emiten
> notas breves denominadas en castelán e portugués "despacho" ou "despacho de
> agência"
> (http://www.google.com/search?hl=pt-BR&q=despacho-de-ag%C3%AAncia&btnG=Pesqu
> isa+Google&lr=) cabería a posibilidade de reutilizar este substantivo, que
> en galego tamén significa ' Comunicación transmitida por unha vía rápida.'
> (http://www.digalego.com/diccionario/html/index.php?op=ver&id=21817&buscado=
> DESPACHO&opcion=entrada). Deste modo poderiamos falar de DESPACHOS RSS.
> A pega principal que lle vexo é que a palabra está moi connotada xa facendo
> referencia ao 'espazo destinado ao estudo ou o traballo'.
>
> Con todo, insisto que isto non son máis ca suxestións. Pero se algunha vos
> vale, ou chegades a unha conclusión, comunícao aquí, por favor.
>
> Xusto

Descoidade. En primeiro lugar perdón por non indicar a que me estaba
refirindo exactamente, como eu o vexo tódolos días din por suposto que
todo o mundo sabe o que é. A min persoalmente ningunha destas opcións
me convence moito, pero destacaches varias opcións que ninguén
mencionara antes.

Moitas grazas,
                        Leandro Regueiro

Responderlle a