Leandro Regueiro escribiu:
2008/5/29 Xusto <snlxu...@lugo.usc.es>:
Ola,

Primeiro de nada, habería que concretar a qué te estás referindo. Entendo
que preguntas por documentos coma este
(http://www.blogoteca.com/ctnl/rss.php). Se non é así, se cadra nada do que
segue ten sentido.

Pero se estou no certo, penso que o abano de denominacións que indicas aínda
se pode ampliar:

a) Na localización do Wordpress ao galego non tocan o anglicismo e manteñen
FEED. [Este traballo pode consultarse en
http://corpus.mancomun.org/xestermos.php e -se nos fiamos do que nesa páxina
se di- parece estar revisado e avalado polo Termigal (o que nos levaría a
concluír que FEED é a proposta normativa galega); pero acabo de consultar
telefonicamente con esta entidade e indicáronme que alí non consta ningunha
revisión do proxecto de localización do Wordpress; e de feito desde Termigal
están aconsellando outras alternativas.]

b) En páxinas web en galego fálase de CANAL ou de CANLE (esta última é a
forma que está recomendando provisionalmente Termigal), posiblement influída
pola forma que se considera normativa en catalán ("canal d'informació")

c) Noutras úsase FÍO e noutras FLUXO ("fío RSS", "fluxo RSS")


A miña opinión (e subliño isto) é que formas como CANLE, FÍO ou FLUXO
parecen remitirnos máis ao proceso completo (que inclúe a subscrición e a
consulta a través dun lector ou dun navegador) ca ao documento de partida.
Para referirse ao documento, penso que pode haber outras alternativas.
Tomando como referencia a actividade das axencias de noticias, que emiten
notas breves denominadas en castelán e portugués "despacho" ou "despacho de
agência"
(http://www.google.com/search?hl=pt-BR&q=despacho-de-ag%C3%AAncia&btnG=Pesqu
isa+Google&lr=) cabería a posibilidade de reutilizar este substantivo, que
en galego tamén significa ' Comunicación transmitida por unha vía rápida.'
(http://www.digalego.com/diccionario/html/index.php?op=ver&id=21817&buscado=
DESPACHO&opcion=entrada). Deste modo poderiamos falar de DESPACHOS RSS.
A pega principal que lle vexo é que a palabra está moi connotada xa facendo
referencia ao 'espazo destinado ao estudo ou o traballo'.
Eu a iso non lle vexo un problema. Ainda que tendo en conta que hai outras alternativas que non teñen ese problema tendería a ir cara esas outras.

Por outra banda, hai que ter en conta que rss é un formato, e ao que tratamos de atoparlle un nome é ao sistema, mecanismo, forma (non sei moi ben como chamarlle) forma na que se transmite a información, o termo que se use ten que poder usarse só sen o de rss, pois mañá poida que se use máis o atom que é outro formato que fai mais ou menos o mesmo.

Eu penso que o recomendable é que sexa un termo non moi usado, polo menos no eido informático para que ao usalo non cree confusión.

Con todo, insisto que isto non son máis ca suxestións. Pero se algunha vos
vale, ou chegades a unha conclusión, comunícao aquí, por favor.

Xusto

Descoidade. En primeiro lugar perdón por non indicar a que me estaba
refirindo exactamente, como eu o vexo tódolos días din por suposto que
todo o mundo sabe o que é. A min persoalmente ningunha destas opcións
me convence moito, pero destacaches varias opcións que ninguén
mencionara antes.

Moitas grazas,
                        Leandro Regueiro

Responderlle a