Ola,
envio unha lista das unidades do quinto envío que teñen pendente a súa
tradución. O resto das unidades do quinto envío xa teñen FIXADA a súa
tradución. Hei enviar a lista das unidades FIXADAS nunha mensaxe
posterior.
> Heavy Infantryman
> Shock Trooper
> Iron Mauler
Como xa dixemos quedamos de chamarlle infante a algunha destas
unidades e propuxestes acoirazado para outra delas, ainda que eu penso
que todas están acoirazadas máis ou menos. Lémbrovos que a última é
evolución da segunda e esta éo da primeira.
Finalmente comunicovos que puxen Borderer=raiano Pareceume raro que
resolveramos tódalas outras unidades humanas, pero polo visto foi así.
Ata logo,
Leandro Regueiro