2008/8/8 Leandro Regueiro <[email protected]>: > Ola, > estou mirando como se poderia facer para traducir as páxinas man. > Pensades que seria boa idea comezar un proxecto para traducilas? Non > sei cantas cadeas son, nin se cambian moi a miúdo, nin teño datos > sobre o proceso de tradución.
Pois resulta que a documentación das kdelibs son.... iso que está a pensar: páxinas man. Penso que o proxecto este onde anda tsao debe ter. Polo demais hai unha utilidade chamada "po 2 all", ou algo á maneira, da que falou o andaluz da g11n, que serve para pasar de man a po e vice versa. Até onde eu sei, as páxinas man son moi estábeis, e deberían ser bastante intercambiábeis (refírome a que a páxina man do comando "ls" da gnu debe ter moito en común coa páxina man do comando "ls" de bsd.)

