O Martes 12 Agosto 2008 19:15, Susana Sotelo Docio escribiu: > Unha broma: digo que hai que ter moito vicio para dicir que perl é > ilexíbel :) pero aos que somos sureños e de mar de cando en vez > escápasenos un "visio". Sobra dicir cal é a miña linguaxe de cabeceira > ;)
Éche que eu son máis de kivio >:-) Perl é para cobardes: proba intercal e verás... > > > Nin papas. Eu o único que ando a procurar é por un sistema que permita > > facer a comparación bi-direccional entre as expresións e palabras > > contidas en dous textos face a un ficheiro de "dicionario bilingüe", e > > que avise cando non haxa aparición de "tradución legal" no texto > > termo para unha das palabras ou expresións que estexan no texto orixe > > e no dicionario. > > Xa. Se por exemplo tes un dicionario bilingüe que diga > > file ficheiro > > e os textos A e B: > > Open file > ---- > Abrir arquivo > > precisarías usar freeling sobre os textos galego e inglés para verificar > a equivalencia. > > $ analyzer -f /usr/share/FreeLing/config/en.cfg > Open open NN > file file NN > > $ analyzer -f /usr/share/FreeLing/config/gl.cfg > Abrir abrir VMN01S0 > arquivo arquivo NCMS000 > > A primeira columna é a forma, a segunda o lema e a terceira a etiqueta > (NCMS é, por exemplo, substantivo común masculino singular). Obviamente, > ás veces freeling erra na asignación da etiqueta (por exemplo no caso de > "open"). > > file = ficheiro != arquivo, co que daría un aviso. Exactamente. > > O problema vén cando non hai equivalencia palabra a palabra, senón que > hai diferentes estruturas implicadas: > > subst + subst [en] = subst + prep + subst [gl] > > Network Folders = Cartafoles de rede > > Aquí terías que traballar con termos, por exemplo usando un extractor > como > > http://gramatica.usc.es/~gamallo/gale-extra/index2.0.htm > > ou tratando de detectalos dende o propio programa en base aos contidos > do dicionario bilingüe. Vaia, isto é máis complicado do que parece. Teño que pensalo algo mellor. > Hai un tempo na Facultade de Filoloxía da USC propuxérase un proxecto de > investigación que viña a facer algo similar, extraendo termos e as súas > equivalencias e tratando de integrar este recurso nas ferramentas libres > de axuda á localización, pero non fora aprobado. Vaia mágoa. -- Best regards, MV

