2008/8/12 mvillarino <[email protected]>: > O Martes 12 Agosto 2008 19:15, Susana Sotelo Docio escribiu: >> Unha broma: digo que hai que ter moito vicio para dicir que perl é >> ilexíbel :) pero aos que somos sureños e de mar de cando en vez >> escápasenos un "visio". Sobra dicir cal é a miña linguaxe de cabeceira >> ;) > > Éche que eu son máis de kivio >:-) > > Perl é para cobardes: proba intercal e verás...
Non eran estes de perl os que tiñan un concurso para intentar facer o programa máis ilexible da historia, pero que funcionara correctamente?? >> > Nin papas. Eu o único que ando a procurar é por un sistema que permita >> > facer a comparación bi-direccional entre as expresións e palabras >> > contidas en dous textos face a un ficheiro de "dicionario bilingüe", e >> > que avise cando non haxa aparición de "tradución legal" no texto >> > termo para unha das palabras ou expresións que estexan no texto orixe >> > e no dicionario. >> >> Xa. Se por exemplo tes un dicionario bilingüe que diga >> >> file ficheiro >> >> e os textos A e B: >> >> Open file >> ---- >> Abrir arquivo >> >> precisarías usar freeling sobre os textos galego e inglés para verificar >> a equivalencia. >> >> $ analyzer -f /usr/share/FreeLing/config/en.cfg >> Open open NN >> file file NN >> >> $ analyzer -f /usr/share/FreeLing/config/gl.cfg >> Abrir abrir VMN01S0 >> arquivo arquivo NCMS000 >> >> A primeira columna é a forma, a segunda o lema e a terceira a etiqueta >> (NCMS é, por exemplo, substantivo común masculino singular). Obviamente, >> ás veces freeling erra na asignación da etiqueta (por exemplo no caso de >> "open"). >> >> file = ficheiro != arquivo, co que daría un aviso. > Exactamente. > >> >> O problema vén cando non hai equivalencia palabra a palabra, senón que >> hai diferentes estruturas implicadas: >> >> subst + subst [en] = subst + prep + subst [gl] >> >> Network Folders = Cartafoles de rede >> >> Aquí terías que traballar con termos, por exemplo usando un extractor >> como >> >> http://gramatica.usc.es/~gamallo/gale-extra/index2.0.htm >> >> ou tratando de detectalos dende o propio programa en base aos contidos >> do dicionario bilingüe. > > Vaia, isto é máis complicado do que parece. Teño que pensalo algo mellor. Nacho, isto está incluido no que viria sendo o meu programa de apoio á localización perfecto. Pero teño que recoñecer que se non falei disto é porque o vexo moi complicado. Tamén debo dicir que con todo isto de lematizar, etc... pérdome :) >> Hai un tempo na Facultade de Filoloxía da USC propuxérase un proxecto de >> investigación que viña a facer algo similar, extraendo termos e as súas >> equivalencias e tratando de integrar este recurso nas ferramentas libres >> de axuda á localización, pero non fora aprobado. > > Vaia mágoa. E íano programar eles? Dan alí clases de programación para que despois nos veñan quitar o traballo ós informáticos? Ata logo, Leandro Regueiro

