Ese erro xa está subsanado, correxino eu mesmo hai atrás. { 
http://l10n.kde.org/dictionary/search-
translations.php?package=koffice&filename=&teamcode=gl&search=hyphen&submitted=Search
     
} . BTW, en que versión de Koffice? Poida que apareza na versión 1.5 ou 1.6, 
non recordo cal é a vella)). 

Hyphen en inglés, "Hífen" en portugués, é "guión", o signo ortográfico "-" .. 
Para os que sigan a norma AGAL hifen sería o correcto en galego.  Porén a nova 
normativa chámao sempre "guión" e o VOLGA non di nada ó respecto así que eu 
atéñome a iso. Fixen a tradución "hyphen > guión " "hyphenization > separar 
con guións (a separación silábica que se fai o cambiar de liña)". Nótese que 
"guionizar" existen en galego pero cun significado diferente. 


O Tuesday 09 September 2008 14:51:24 Adrián Chaves Fernández escribiu:
> Non coñecía esta palabra, pero ten que existir. Atopeina no Kword (á hora
> de configuralo). Polo visto ten que ver coas correccións ortográficas,
> porque aínda que non apareza no DiGalego, a busca por "galego hifenización"
> no Google amosa resultados verídicos. Alguén me sabería dicir o que quere
> dicir?

Responderlle a